Casa da Muller - Concello de Ferrol

A CASA DA MULLER ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE MENOPAUSIA IMPARTIDA POR DOUTORAS EN XINECOLOXÍA DO CHUF MAÑÁ XOVES ÁS 19:00 Destacados

A actividade enmárcase nos “Foros en feminino” e terá lugar ás sete da tarde con entrada libre e de balde, a cargo das doutoras Eva Laíño e Nadia Domínguez

 

Ferrol, 9 de decembro.- A Casa da Muller ofrece mañá xoves 10 de decembro unha charla sobre a menopausia, a cargo das doutoras Eva Laíño e Nadia Domínguez, especialistas en xinecoloxía do CHUF, Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol “Arquitecto Marcide”.

A charla está encadrada nos “Foros en feminino” que se desenrolan na Casa da Muller no marco das actividades postas en marcha dende a Concellería co obxectivo de impulsar o coñecemento, a reivindicación e o debate feminino.

A cita será ás 19:00 horas, con entrada libre e de balde.

Os “Foros en feminino” continuarán o próximo mércores 16 de decembro, coa charla coloquio “Os mitos do amor romántico”, a cargo da antropóloga Uxía Noche.

 

Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es