Casa da Muller - Concello de Ferrol

Apertura do prazo de solicitude de obradoiros 2013/2014

A Concellería de Igualdade e Xuventude vai desenvolver, no exercicio 2013/2014 , diversos obradoiros dirixidos ás persoas que os soliciten.

Polo exposto, procédese á apertura dun prazo, prazo que comezará o día 5 de agosto e rematará o 10 de setembro de 2013, para que as persoas interesadas na realización dos obradoiros que de seguido se citan procedan a efectuar a correspondente solicitude.

 

 

Relación de obradoiros que se realizarán:

 

  • Informática 3.0 (Ofimática, Orientación Laboral, Todo Google, Blogs e Redes Sociais.)
  • Informática Social (Informática de iniciación, de repaso e para maiores de 60 anos.)
  • Alfabetización
  • Memoria
  • Ioga
  • Pilates
  • Cerámica
  • Fotografía

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e de 9:00 a 13:00 horas os sábados, nos modelos de solicitudes que serán facilitados na referida dependencia.

Para calquera información ou ampliación sobre este asunto, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa área de Igualdade do Concello, situada na rúa Lugo, nº 56, 1º andar; teléfono 981 944 240; e-mail Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 31 de xullo de 2013

O alcalde

José Manuel Rey Varela

Archivos adjuntos:

Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es