Formulario de participación "FERROL EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS" 2017
APERTURA INSCRICIÓNS OBRADOIRO DE INFORMÁTICA
Orgullo LGTBQI 2017
Os vindeiros martes 27 e mércores 28 de xuño, o Concello de Ferrol apoiará ao colectivo LGTBQI (Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais, Queers e Intersexuais) con diversas actividades. Entre elas unha mesa redonda con mulleres e homes de "A.L.A.S Coruña", "AmiZando" e @s "QueerAvengers", un concertazo do sempre sorprendente Rodrigo Cuevas na Praza Vella, etc...
Actividades de coeducación da Concellería de Igualdade
Aberto o prazo para inscribirse nas actividades da Casa da Muller 2016
Desde hoxe ata o 23 de setembro, estará aberto o prazo para anotarse nas seguintes actividades organizadas pola concellería de Muller.
Os impresos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello.
A listas coas mulleres inscritas e cos horarios asignados estarán expostas na Casa da Muller e na web municipal a partir do xoves 29 de setembro.
Os impresos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello.
“A dobre discriminación das mulleres migrantes” por Claudia Senra
IMPRESO DE SOLICITUDE DE CAMPAMENTOS URBANOS (ENTREGA POR REXISTRO)
O 20 DE XUÑO, ÁBRESE O PRAZO PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS. (PODERÁ DESCARGARSE O IMPRESO O MESMO LUNS A PARTIRES DAS 8:45 DA MAÑÁ.
O LUNS 20 DE XUÑO, SE ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR OS CAMPAMENTOS URBANOS. (PODERÁ DESCARGARSE O IMPRESO O MESMO LUNS A PARTIRES DAS 8:45 DA MAÑÁ)
BENESTAR PON EN MARCHA CAMPAMENTOS PARA NENOS NA ZONA RURAL E URBANA EN XULLO E AGOSTO CON 280 PRAZAS PRIORIZANDO AS POLÍTICAS DE CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR
A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, destacou a importante aposta pola conciliación laboral e familiar cuns campamentos para os que se abre a inscrición o próximo luns, dirixidos a nenos de 3 a 12 anos no ámbito urbano e de 3 a 14 no rural
"A CASA DA MULLER ABERTA POR VACACIÓNS" ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE DESDE O 8 DE XUÑO ATA O 15 DE XUÑO
"A CASA DA MULLER ABERTA POR VACACIÓNS" ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE DESDE O 8 DE XUÑO ATA O 15 DE XUÑO.
A CASA DA MULLER ACOLLE ESTE VERÁN CURSOS GRATUÍTOS DE DEFENSA PERSOAL, INFORMÁTICA, XIMNASIA A MODIÑO, CORO MUSICAL, GUITARRA OU MAQUILLAXE CREATIVO
FERROL EMPRENDE EN FEMININO
Ferrol Emprende en Feminino é un programa artellado pola Concellería de Muller para o fomento da creación de empresas en Ferrol. A finalidade é incentivar a creación de novos proxectos empresariais e, en xeral, fomentar a actividade empresarial das mulleres, contribuíndo deste xeito á xeración de emprego no ámbito municipal do Concello de Ferrol.
www.ferrol.es/emprendeenfeminino
Mércores 27 de xaneiro charla-coloquio na Casa da Muller
A CASA DA MULLER ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE MENOPAUSIA IMPARTIDA POR DOUTORAS EN XINECOLOXÍA DO CHUF MAÑÁ XOVES ÁS 19:00
A actividade enmárcase nos “Foros en feminino” e terá lugar ás sete da tarde con entrada libre e de balde, a cargo das doutoras Eva Laíño e Nadia Domínguez
APERTURA PRAZO OBRADOIROS CASA DA MULLER
Do luns 5 ao xoves 15 de outubro ábrese o prazo para inscribirse nos obradoiros da Casa da Muller 2015/2016.
As solicitudes poden entregarse no Rexistro Xeral do Concello, na Casa da Muller ou enviando o formulario que poden descargar da web a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Os obradoiros darán comezo o luns 19 de outubro.
Para ver os obradoiros, fagan clic aquí ou na imaxe.
Caravana feminista en Galiza
A Caravana Feminista, que recorre 15 países, fai a súa parada en Ferrol.
Consultade o cartaz para ver os actos programados en Ferrol e bisbarra.
XII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2015 e IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015
Clica aquí para coñecer as bases do XII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2015 (prazo de presentación ata o 4 de novembro) e o IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015 (prazo de presentación ata o 11 de novembro), organizados pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín, co obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural,...así coma os efectos e consecuencias da mesma.
Ruta de Ferrol en feminino. Venres 25, ás 19.00 h.
RUTA DE FERROL EN FEMENINO. VENRES 25, ÁS 19.00 H. SAÍDA DO PORTO DE CURUXEIRAS. (CASETA DE INFORMACIÓN DE TURISMO)
Cultura, coñecemento, diversión, música, feminismo.
A Ruta consta de 7 puntos nos que intervirán:
Marcha mundial das mulleres. En cada parada lerán unha frase de distintas mulleres.
Fuco Buxán. Lectura de Poesía e un pequeno texto dunha muller con relavancia na cidade
Tres mulleres (usuarias do CIM) lerán distintos textos de mulleres.
Rematará coa música da cantante Eugenia Sanmartín.
Solicitude para a impartición de obradoiros como monitora
Formulario de opinións e suxestións para a programación de actividades
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE FERROL
Pode inscribirse no seguinte enlace: http://www.ferrol.es/form_camp_urbanos.aspx
ABERTO PRAZO OBRADOIROS DE DEFENSA PERSOAL E RELAXACIÓN NA CASA DA MULLER
Igualdade abre o prazo de "Curso de Cociña para Principiantes Adultos"
CONVOCATORIA DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES
ACTOS INSTITUCIONAIS CO GALLO DO 8 DE MARZO
ACTOS INSTITUCIONAIS CO GALLO DO 8 DE MARZO
Día da Muller Traballadora – Teatro Jofre ás 19 horas.
-Homenaxe a Dona María del Carmen Arcos Gómez
-Proxección da película “Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde”.
Xornadas de sensibilización "TEMPOS COM-POSTOS"
Trátase dunhas xornadas de sensibilización dirixidas á poboación xeral adulta sobre a coeducación.
DÍA: mércores 17 de decembro de 2014
HORA: 17:00-20:00
LOCAL: Centro Cultural Carvalho Calero
DOMINGO 30 DE NOVEMBRO E DOMINGO 14 DE DECEMBRO, ROTEIROS POLA IGUALDADE
25 DE NOV. - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aberto prazo (sen data límite) para anotarse nas actividades da Xogoteca (nenos e nenas de 3 a 12 anos)
Presentación do libro "Viaje al centro del CORAZÓN" de Leticia Martínez-Alcocer
Reanúdase o 1 de setembro "FERROL CONCILIA"
§ Esta proposta de conciliación familiar e laboral terán lugar de luns a sábado na Casa da Muller, e posteriormente será trasladada ao espazo infantil cuberto da Praza de España.
§ Entre os talleres destacan actividades de expresión artística, coñecemento e estimulación cognitiva, e educación física. Así mesmo, os menores entre 10 e 12 anos poderán participar nun taller de radio e outro de cine e videocreación.
§ As persoas interesadas en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Casa Consistorial.
MARTES 4 DE AGOSTO DE 2014, SE ABRE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DA CASA DA MULLER 2014/2015.
A viaxe. Camiños, opcións e decisións
O martes 15 de abril ábrese o prazo para dos novos obradoiros: Economía Doméstica e Nutrición Saudable”
Obradoiro de Autoestima. Aberto o prazo para inscricións deste novo obradoiro
Aberto o prazo para FERROL CONCILIA
O CONCELLO DE FERROL ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CATORCE OBRADOIROS LÚDICOS E EDUCATIVOS DO PROGRAMA “FERROL CONCILIA”
§ Esta proposta de conciliación familiar e laboral terán lugar de luns a sábado na Casa da Muller, e posteriormente será trasladada ao espazo infantil cuberto da Praza de España.
§ Entre os talleres destacan actividades de expresión artística, coñecemento e estimulación cognitiva, e educación física. Así mesmo, os menores entre 10 e 12 anos poderán participar nun taller de radio e outro de cine e videocreación.
§ As persoas interesadas en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Casa Consistorial.
Exposición na Casa da Muller
ArteNadal...Para nenas e nenos entre 5 e 11 anos. Ven a disfrutar do Nadal na Casa da Muller. (Concellerìa de Igualdade).
Charla-coloquio sobre a trata de mulleres e presentación da novela "Cautivas"
Apertura do prazo de solicitude de obradoiros 2013/2014
A Concellería de Igualdade e Xuventude vai desenvolver, no exercicio 2013/2014 , diversos obradoiros dirixidos ás persoas que os soliciten.
Polo exposto, procédese á apertura dun prazo, prazo que comezará o día 5 de agosto e rematará o 10 de setembro de 2013, para que as persoas interesadas na realización dos obradoiros que de seguido se citan procedan a efectuar a correspondente solicitude.
Obradoiros da Concellería de Igualdade e Xuventude
Aberto o prazo para as persoas interesadas en impartir obradoiros na Concellería de Igualdade e Xuventude. O prazo de presentación de proxectos é ata o xoves 11 de xullo, inclusive.
Obradoiro real-ACCIONATE
Obxectivos:
Contidos:
A través dunha idea atractiva, traballarase coa adolescencia contidos de habilidades sociais, resolución de conflitos, excesiva preocupación pola imaxe persoal ou os mitos do que “deben facer” chicos e chicas á hora de relacionarse.
Ademáis, entraremos na “dimensión sexual” rompendo coas ideas sexistas antigas e as novas (que se enmascaran baixo unha pseudomodernidade) e devolvendo a responsabilidade que se lle atribúe aos rapaces (levar o mando) e ás rapazas (embarazos non desexados) ao seu lugar.
Metodoloxía:
Obradoiro de mecánica do automóbil
O Obradoiro comezará o martes 7 de maio, e se realizará todos os martes e xoves de maio de 17 a 19 h, na Casa da Muller
Convocatoria de axudas a asociacións e entidades para programas e actividades da área de Igualdade
¡¡¡¡URXENTE!!!! Reanudación das clases no Xoán de Lángara
¡¡¡¡URXENTE!!!!
INFORMAMOS QUE AS OBRAS NO XOAN DE LÁNGARA REMATARON, E XA FORON REANUDADAS AS CLASES.
OS PRÓXIMOS LUNS 11, MARTES 12 E MÉRCORES 13 DE FEBREIRO, NON HABERÁ CLASE DE IOGA, IOGALATES OU PILATES, (ORGANIZADAS POLA CASA DA MULLER ) NOS COLEXIOS XOÁN DE LÁNGARA E RECIMIL DEBIDO A QUE NON ABRIRÁN AS SÚAS PORTAS POR MOR DAS FESTAS DO ENTROIDO. MÁIS INFORMACIÓN NO TLF- 981 944 240 OU NO MAIL
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Impartición obradoiro Ximnasia pélvica
A Concellería de Igualdade organiza un curso de Ximnasia Pélvica destinado a mulleres, con contido teórico-práctico.
- Número máximo de prazas: 25
- Remate de prazo o 10 de outubro
- Datas e horario do Obradoiro: Os xoves 11, 18, 25 de outubro e 8 de novembro de 11 a 12 h
- Lugar de entrega de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol (Praza de Armas s/n) en horario de luns a venres de 9 a 14 h ou de 9 a 13 h os sábados). Coa solicitude debe achegar un VOLANTE DE EMPADROAMENTO.
Máis información en www.ferrol.es/casadamuller ou nos teléfonos 981 944 240 / 981 944 124
Programa de fomento da corresponsabilidade no fogar para persoas maiores
Manifiesto
En este momento actual la sociedad se encuentra inmersa en un proceso de cambio complicado en el que las familias con personas con discapacidad, ya sea física o psíquica, pasan por momentos de tensión. Cuando esta tensión se convierte en violencia hacia una mujer con discapacidad la situación se agra ba.
Ellas dependen en muchos momentos de su marido para realizar actividades de la vida diaria, sin las cuales esas mujeres no tendrían sus necesidades básicas cubiertas. Cuando el levantarte de la cama precisa que tu compañero te ayude o bien te levante y éste no lo hace, y no solo que no lo haga, sino que te hace sentir como un mueble, culpable de una situación que no depende de ti y te impide acceder a otras actividades como pasear, ir con tus hijos a la escuela, quedar con tus amigas…eso significa una agresión muy dura. Si además de estos crueles actos se une a una agresión física la mujer con discapacidad queda inmersa en un aislamiento físico, psíquico y social.
Y no solo las mujeres, sino cuando una hija tiene una discapacidad y su padre no la trata con respeto y cariño, sino que la maltrata, ya sea de palabra o con hechos está truncando la vida de un futura mujer.
Especialmente en estas situaciones en las que las mujeres necesitan de un mayor apoyo es donde los servicios sociales de cualquier índole, ya sean del concello, de una asociación específica o un centro de atención especializada e incluso la policía local debemos estar alerta y luchar con uñas y dientes por ellas; hacer que sus voces silenciosas se oigan y puedan salir de esa oscuridad y aislamiento.
Es por eso que desde al CAMF (Centro de atención a personas con discapacidad física) queremos decir basta ya, basta de que me aisles, de que me grites, de que me impidas vivir mi vida porque si elijo que estés en ella es para que me quieras, porque YO si que me quiero.
Exposición Marta Aramendia Catalán
A artista Marta Aramendia Catalán (Pamplona, 1980) expón desde o 10 de maio ata o 31 de maio na Casa da Muller (Rúa Lugo 56) unha mostra de cadros de taracea que poderá visitarse de forma gratuita no horario habitual da citada instalación, tanto pola mañá como pola tarde.
Marta Aramendia é licenciada en Belas Artes pola Universidade da Laguna (Tenerife) e completou os seus estudos na Escola de Artes Plásticas Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Na súa traxectoria profesional, foi aprendiz nun desaparecido obradoiro artesanal da cidade realizando asimesmo diversos traballos no arte de taracea e diferentes exposicións.
O Concello de Ferrol pon en marcha un programa de coeducación nos centros educativos do municipio
Preto de 250 rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria de sete colexios da cidade tomarán parte nesta proposta da Concellería de Igualdade que ten como finalidade promover a igualdade de xénero e prever a violencia contra as mulleres.
O alcalde de Ferrol visita a nova Aula aberta de Informática da Casa da Muller
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, xunto coa concelleira de Igualdade, Verónica Casal Míguez, se desprazou ata a Casa da Muller para coñecer de primeira man o novo servizo que o Concello de Ferrol vén de por en marcha nestas dependencias municipais ubicadas na rúa Lugo: un aula aberta de informática. Un recurso do que se poderán beneficiar non só as usuarias da propia Casa da Muller, Casa de Acollida ou do CIM, senón tamén a cidadanía en xeral.
O novo servizo, composto por dous ordenadores de sobremesa, un ordenador portátil e unha impresora láser e ubicado na planta baixa das dependencias emprazadas na rúa Lugo, se concibe, tal e como explicaba o primeiro edil ferrolán esta mañá, “como un aula aberta, complementaria ás actividades de formación en Informática para mulleres que se puxeron en marcha e cun magnífico éxito a teor do numero de usuarias que se benefician dela e que se cifra en 175 participantes”. Así as cousas e atendendo a unha demanda das propias participantes nesta iniciativa, o goberno municipal adquiría a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, o dito material. “Elas mesmas demandaban ordenadores para non perder coñecementos despois das clases e para poder empregar todas as utilidades das novas tecnoloxías: correo electrónico, visita a webs e a propia intranet do concello ferrolán”, engadía o primeiro edil ferrolán ao tempo que subliñaba que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a atención que se presta ás mulleres ferrolás tal e como pon de relevo o número de persoas que participan nos obradoiros da Casa da Muller este ano: máis de 800, cifra que cuadriplica á de anos anteriores”, rematou.
O Concello de Ferrol homenaxeará a María del Carmen Sánchez con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller
A Concellería de Igualdade pon en marcha un obradoiro de autoimaxe en colaboración co centro "Querote+"
Serán cinco sesións de hora e media de duración. A edil Verónica Casal sinalou que aquelas mulleres que estean interesadas en participar poden anotarse na Casa da Muller, dende mañá e até o vindeiro día 10, en horario de 9 a 14 horas. “Redescúbre-Te!” está dirixido a mulleres de 18 a 35 anos, que poderán traballar habilidades sociais, comunicativas e de relación e mesmo aspectos relacionados coa imaxe corporal.
I Concurso de carteis contra a violencia de xénero
BASES REGULADORAS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2011.
Concellería que o convoca: Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol.
Área : Muller/Centro de Información á Muller.
PRIMEIRA.- OBXECTO. O obxecto desta convocatoria consiste na creación dun cartel que forme parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, promovida pola concellería de Igualdade do Concello de Ferrol, co motivo do día 25 de novembro de 2011, día internacional da non violencia contra as mulleres.
SEGUNDA.- CONCURSANTES. Poderán concursar tódalas persoas maiores de 18 anos.
TERCEIRA.- FORMA DE PRESENTACIÓN DO CARTEL OU CARTEIS.
Os traballos que se presenten a este concurso deberán ser orixinais e non ter sido presentados en anteriores concursos.
Casa persoa poderá presentar cantas obras desexe.
Os orixinais realizaranse en papel ou lenzo, en tamaño mínimo A3. Achegaranse o suficientemente protexidos e montados en soporte ríxido, para os efectos de permitir a súa perfecta exposición.
O material e a técnica utilizada serán libres, dentro dos límites usuais que permitan a normal reprodución fotomecánica.
Deberán incluir un lema ou eslogan relativo á non violencia contra as mulleres ou indicativo do día 25 de novembro (Día Internacional da non Violencia contra as mulleres). O lema poderá estar escrito en castelán ou en galego (a Concellería de Igualdade reservarase a facultade de traducílo).
O autor o a autora non poderán asinar os traballos, polo que a súa identificación limitarase a un lema que estará escrito ao dorso do cartel.Este irá acompañado dun sobre lacrado no que constará, na súa parte externa, o mesmo lema que no cartel, e, na súa parte interna, introducírase unha nota escrita cos datos personais do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo completo, un número de teléfono de contacto, fotocopia do NIF ou CIF, ou calquera outro dato sobre o propio traballo).
Asi mesmo, os/as participantes deberán achegar ademais unha declaración xurada de aceptación do contido das presentes bases.
CUARTA.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS. Poderán entregarse ou enviarse á seguinte dirección:
Concello de Ferrol-Concellería de Igualdade (C.I.M)
Rúa Lugo, 56,2º andar
15402- Ferrol.
Teléfono 981944124. E.mail : Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
QUINTA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS.- A data límite de presentación será o día 14 de novembro de 2011.
SEXTA.- PREMIOS.- Establecense dous categorías de premios:
PRIMER PREMIO: consistente en un notebook, para o gañador/a.
PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: consistente en un album dixital, para o gañador/a.
SÉTIMA.- COMPOSICIÓN DO XURADO.- O xurado estará composto polas seguintes persoas:
Presidenta: a concelleira de Igualdade.
Tres vocais:
Dous/dúas relacionados/as co mundo das artes, da imaxe e da educación plástica.
Un/unha técnico/a en Igualdade e violencia de xénero.
Secretaria: a xefa do negociado de Muller do concello.
OITAVA.- FALLO DO XURADO.- O fallo farase público o día 20 de novembro de 2011 e entregaranse os premios en acto público o día 25 do mesmo mes.
As persoas integrantes do xurado valorarán o contido, a capacidade de sensibilización, a orixinalidade e a calidade dos traballos.
NOVENA.- DEREITOS E RESPONSABILIDADES.
Os traballos quedarán en poder da concellería de Igualdade/Centro de Información á Muller, que ser reserva o dereito de explotación dos mesmos, produción, distribución, exposición, transformación ou calquera outro tratamento, sempre sen ánimo de lucro.
Tódolos carteis serán expostos ao público nas distintas dependencias municipais e/ou espazos públicos e a devandita exposición incluírase nos actos que se organicen para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero/25 de novembro de 2011.
As persoas participantes neste concurso serán as únicas responsables dos contados dos seus traballos, no que respecta a esixencias legais de dereitos de autorías ou plaxios, segundo a normativa de aplicación vixente.
FINAL.- As cuestións que se plantexen e non estean previstas nestas bases, resolveránse polos membros/as do xurado.
As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables.
Visita do Alcalde de Ferrol á Casa da Muller
O Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañada pola Concelleira de Igualdade, Verónica Casal, visitou o pasado mércores 15 de xuño de 2011 a Casa da Muller por primeira vez como Alcalde da cidade departamental. Neses intres, se desenvolvía o obradoiro de coiro, que imparten Fina Taibo e Reyes Alonso. O Alcalde, tras saudar e falar coas alumnas do mesmo, visitou as instalacións da Casa da Muller, así como a asesoría jurídica e sicolóxica do CIM acompañado en todo momento pola xefa do negociado da Concellería de Igualdade Pachula Puig, que lle presentou ao funcionariado da Concellería de Igualdade.
Na foto se recolle o momento donde deixa a súa firma no Libro de Honra da Casa da Muller, como principal autoridade de Ferrol.
O programa de ocio "Enrédate" inaugurouse onte nas instalacións da Casa da Muller
A Casa da Muller acolleu onte a primeira sesión do novo e ampliado programa de actividades das instalacións que recibe o nome de "Enrédate" e que se desenvolverá todos os mércores de abril e maio a partir das 20.30 horas.
Campaña Mundial pola Educación
O Concello de Ferrol e a ONG Axuda en Acción súmanse á Campaña Mundial pola Educación
- A concelleira María López deu a coñecer a iniciativa que, baixo o lema “A educación non é un conto” , presentará este xoves a dita ONG na Casa da Muller.
- Está aberta ás participantes nos talleres de escritura e memoria da Casa, así como ás mulleres en xeral e as do proxecto Agora Sí, que contarán como a educación cambiou as súas vidas
- O seu obxectivo é chamar a atención sobre a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a importancia da educación como ferramenta para rematar coa discriminación
Achégate, proba e enRÉDate
Agora a Casa da Muller abre os mércores de 20.30 a 22.00 h.
Gratuito e sen inscrición previa (aforo limitado)
Danza oriental
Yogalates (mixtura de Yoga e Pilates)
Artesanía (mixtura de coiro e reciclaxe)
6, 13, e 27 de abril / 4, 11, 18 e 25 de maio
Doce traballos presentáronse ao I Concurso de Curtametraxes “Pola igualdade de xénero” convocado polo Concello
Proxectaranse este venres nos Cines Dúplex de Ferrol ás 18.00 horas, sendo a entrada libre e gratuíta ata completar aforo. A edil María López presentou o I Certame de Cine da Muller, que se celebrará desde hoxe ao 18 de marzo cos pases de “Quiero ser como Beckham”, “La vida empieza hoy”, “Amelia” e “La boda de Tuya”
Vicente Irisarri entregou o galardón Oito de Marzo a Ana Martínez, cofundadora da Asociación de Mulleres Amistad, e á cineasta local Peque Varela
O alcalde presidiu o acto, que se celebrará ás 19.00 horas no Teatro Jofre para conmemorar o Día Internacional da Muller. A concelleira María López avanza que a gala contou coa actuación estelar da cantante galega Rosa Cedrón e terán especial protagonismo as usuarias da Casa da Muller
Programa Memoria de muller
Mesas redondas
Fundación NovaCaixaGalicia, ás 19:30 h
Documental “Señora de”, de Patricia Ferreira
Martes 29 de marzo
Con: Romana San Luis, Ana Blanco, Filomena Fraga, protagonistas do documental
Guadalupe Lloves, entrevistas
Conduce: Carmen Blanco, Profesora e escritora
Muller e memoria
Mércores 30 de marzo
Con: Aurora Marco, Mary Nash, María Jesús Souto Blanco e Sari Alabau
I Certame de cine da Muller Pola Igualdade de Xénero
Actos co gallo do 8 de marzo - Día Internacional da Muller
O Concello pon en marcha este venres o novo ciclo de reflexoloxía que se celebrará na Casa da Muller
A concelleira de Benestar Social e Muller, María López, anunciou o inicio, este venres na Casa da Muller, do novo ciclo de reflexoloxía que organiza o Concello no marco da programación de actividades deseñadas polo equipo de goberno socialista nestas instalacións municipais, ubicadas na rúa Lugo, número 56, e que teñen como temática a saúde e a calidade de vida, sendo a súa finalidade proporcionar hábitos de autocoidado e mellorar a relación entre as mulleres. A este respecto, a edil lembrou que estas sesións, que serán gratuítas, celebraranse os venres ás 17.00 horas e o número de prazas está limitado a 30, polo que é preciso realizar a inscrición na dita Casa en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, de luns a venres -reservarase un máximo de dez prazas á Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, cuxos integrantes amosaron anteriormente o seu interese por participar nestas sesións-.
O Concello promove un curso de Alfabetización Dixital no marco do proxecto Mulleres en Rede
Achegar ás mulleres de Ferrol ás novas tecnoloxías é o obxectivo da nova actividade impulsada pola Casa da Muller baixo o nome de “Mulleres na Rede”. Un curso de Alfabetización Dixital totalmente gratuíto para as persoas interesada en participar nel que se desenvolverá a partires do mes de marzo na Biblioteca Municipal da Praza de España e que se enmarca dentro do amplo programa de actividades que se celebrará no devandito mes adicado á muller. Así o avanzou a concelleira de Muller, María López, quen informou de que hoxe, martes, se abre o prazo de inscrición neste proxecto -este pecharase o vindeiro 25 de febreiro-. ¿Onde anotarse? Na propia Casa da Muller, ubicada na rúa Lugo, número 56, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, de luns a venres. O número de prazas é limitado (ofértanse un total de 15), tal e como indicou, avanzando ao mesmo tempo a próxima posta en marcha dunha web da Casa da Muller.
Rosa Cedrón actuará no acto multitudinario que o Concello celebrará no Jofre o 6 de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller
A concelleira de Muller, María López, presentou o amplo e variado programa de actividades que o Concello de Ferrol desenvolverá ao longo do mes de marzo en torno á celebración do Día Internacional da Muller, que se conmemorará o día 8.
Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es