Casa da Muller - Concello de Ferrol

Actividades
Xoves, 25 de Agosto de 2011 18:15

A CASA DA MULLER ESTREA "FACEBOOK"

A Casa do Muller do Concello de Ferrol estrea perfil en Facebook

Xoves, 25 de agosto de 2011


A Casa da Muller estrea hoxe perfil en Facebook, unha ferramenta máis para dar a coñecer as súas propostas e actividades ao conxunto da cidadanía e especialmente ás mulleres máis mozas, como principais usuarias das redes sociais. Así mesmo, o novo facebook permitirá interactuar de forma áxil coas usuarias deste centro municipal sen necesidade de que estas se teñan que desprazar ás dependencias situadas na rúa Lugo, número 56.

Ademais de poder coñecer a programación que en cada momento se desenvolve na Casa da Muller, no muro de facebook, tamén se poderán poñer as suxestións para a celebración de novos cursos, charlas informativas e obradoiros.

A posta en marcha desta ferramenta por parte do Concello de Ferrol da resposta ás demandas feitas polas propias usuarias destas instalacións municipais. Trala inauguración da páxina web www.ferrol.es/casadamuller o Concello de Ferrol segue apostando polas novas tecnoloxías e as redes sociais, para diminuir tamén as desigualdades que se producen na chamada "brecha dixital". Para agregarnos, tan só tedes que procurar na búsqueda "Casa da Muller Ferrol" ou ben introducir o noso correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Aberto o prazo para as mulleres que queiran impartir obradoiros na Casa da Muller no curso 2011/2012

Desde o día 11 de xullo está aberto o prazo para que aquelas mulleres que queiran impartir obradoiros na Casa da Muller. Nesta páxina podedes descargar o impreso que deberá ser enviado a través do correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  , a través do correo postal (Rúa Lugo 56, C.P 15.402 - Ferrol), ou entregandoo persoalmente, nas instalaciones da Casa da Muller, sita na dirección antes sinalada.

Ademáis do impreso, haberá que adxuntar un curriculum vitae.

Fai clic debaixo desta frase e poderás descargar e cumplimentar o MODELO PARA IMPARTICIÓN DE ACTIVIDADES NA CASA DA MULLER

A Casa da Muller informa que a partires do luns 11 de xullo, estará dispoñible na páxina web da Casa da Muller, un documento que servirá para coñecer as demandas das cidadás ferrolás para o vindeiro curso 2011/2012 na Casa da Muller.

Esa enquisa, que pode recollerse tamén na propia Casa da Muller, sita na rúa Lugo 56, poderá enviarse a través do correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou ben ás propias instalacións.

O prazo para entregar a enquisa rematará o mércores 7 de setembro.

Por outra banda, se informa que tódalas  mulleres interesadas en impartir obradoiros na Casa da Muller, poderán descargar da web unha solicitude e enviar asimesmo os seus proxectos ao mail Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou entregalo nas propias instalacións da Casa da Muller (Rúa Lugo 56)
O prazo igualmente comeza o luns 11 de xullo, e o prazo remata o mércores 7 de setembro.


As mulleres interesadas en inscribirse nos obradoiros da Casa da Muller, poderán anotarse do 12 de setembro ao 27 de setembro. Os obradoiros que se impartirán no vindeiro curso, dáranse a coñecer  o venres 9 de setembro de 2011.

Os obradoiros darán comezo o luns 3 de outubro.

En datas próximas tamén se anunciarán as datas do programa de ocio nocturno “enRÉDate”, que tralo éxito obtido na súa andadura piloto, acadou unha media de 60 mulleres participantes en actividades como Danza Oriental, Iogalates ou Artesanía.

Mostra do traballo feito polas alumnas do obradoiro de Pintura de Creativa que imparte Dulce Anca cada semana nas instalacións da Casa da Muller.


Unha exposición que recolle parte do seu traballo e algunhas obras que serviron de inspiración para acadalo.

Ángela Ruiz Robles rexistrou a patente da enciclopedia mecánica en 1949

Diario de Ferrol. Luns, 14 de marzo de 2011

O martes 29 de marzo comezou o programa "Ferrol recuperando a memoria".

Diario de Ferrol. Mércores 30 de marzo de 2011.

Xoves, 31 de Marzo de 2011 13:00

Feminino e tecnoloxías, en relación

Máis dunha treintena de mulleres participaron onte na sesión inaugural do curso de Alfabetización Dixital promovido pola Concellería de Muller no marco do proxecto "Mulleres en Rede".

A cita, que contou coa presencia da concelleira María López, ten por obxecto achegar ás participantes ás novas tecnoloxías e capacitalas para crear o seu propio blog.

As sesións celébranse os martes o os xoves en dous horarios: de 16.30 a 18.00 e de 18.00 a 19.30.

Diario de Ferrol. Venres, 4 de marzo de 2011.

Xoves, 31 de Marzo de 2011 12:57

Premios aos cortos pola igualdade

Daniel Pérez e Gabriel Bescos fixéronse co I Certame de Cortos "Pola Igualdade de xénero" orgaizado polo Concello de Ferrol.

Onte recibiron os seus galardóns xunto a Cristina Prieto, a escollida polo público, e os irmáns César e Xosé Esteban Alenda, que lograron a mención especial.

A iniciativa tiña como obxectivo sensibilidar sobre as vantaxes de vivir en igualdade como a mellor forma de combatir a violencia que sufren as mulleres.

Diario de Ferrol. Venres, 25 de marzo de 2011

Do luns 14 ao venres 18 de marzo de 2011

Página 7 de 7

Noticias Destacadas

Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es