Exposición Marta Aramendia Catalán
A artista Marta Aramendia Catalán (Pamplona, 1980) expón desde o 10 de maio ata o 31 de maio na Casa da Muller (Rúa Lugo 56) unha mostra de cadros de taracea que poderá visitarse de forma gratuita no horario habitual da citada instalación, tanto pola mañá como pola tarde.
Marta Aramendia é licenciada en Belas Artes pola Universidade da Laguna (Tenerife) e completou os seus estudos na Escola de Artes Plásticas Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Na súa traxectoria profesional, foi aprendiz nun desaparecido obradoiro artesanal da cidade realizando asimesmo diversos traballos no arte de taracea e diferentes exposicións.
O Concello de Ferrol pon en marcha un programa de coeducación nos centros educativos do municipio
Preto de 250 rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria de sete colexios da cidade tomarán parte nesta proposta da Concellería de Igualdade que ten como finalidade promover a igualdade de xénero e prever a violencia contra as mulleres.
O alcalde de Ferrol visita a nova Aula aberta de Informática da Casa da Muller
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, xunto coa concelleira de Igualdade, Verónica Casal Míguez, se desprazou ata a Casa da Muller para coñecer de primeira man o novo servizo que o Concello de Ferrol vén de por en marcha nestas dependencias municipais ubicadas na rúa Lugo: un aula aberta de informática. Un recurso do que se poderán beneficiar non só as usuarias da propia Casa da Muller, Casa de Acollida ou do CIM, senón tamén a cidadanía en xeral.
O novo servizo, composto por dous ordenadores de sobremesa, un ordenador portátil e unha impresora láser e ubicado na planta baixa das dependencias emprazadas na rúa Lugo, se concibe, tal e como explicaba o primeiro edil ferrolán esta mañá, “como un aula aberta, complementaria ás actividades de formación en Informática para mulleres que se puxeron en marcha e cun magnífico éxito a teor do numero de usuarias que se benefician dela e que se cifra en 175 participantes”. Así as cousas e atendendo a unha demanda das propias participantes nesta iniciativa, o goberno municipal adquiría a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, o dito material. “Elas mesmas demandaban ordenadores para non perder coñecementos despois das clases e para poder empregar todas as utilidades das novas tecnoloxías: correo electrónico, visita a webs e a propia intranet do concello ferrolán”, engadía o primeiro edil ferrolán ao tempo que subliñaba que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a atención que se presta ás mulleres ferrolás tal e como pon de relevo o número de persoas que participan nos obradoiros da Casa da Muller este ano: máis de 800, cifra que cuadriplica á de anos anteriores”, rematou.
O Concello de Ferrol homenaxeará a María del Carmen Sánchez con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller
A Concellería de Igualdade pon en marcha un obradoiro de autoimaxe en colaboración co centro "Querote+"
Serán cinco sesións de hora e media de duración. A edil Verónica Casal sinalou que aquelas mulleres que estean interesadas en participar poden anotarse na Casa da Muller, dende mañá e até o vindeiro día 10, en horario de 9 a 14 horas. “Redescúbre-Te!” está dirixido a mulleres de 18 a 35 anos, que poderán traballar habilidades sociais, comunicativas e de relación e mesmo aspectos relacionados coa imaxe corporal.
A Concellería de Igualdade organiza uns obradoiros de orientación laboral e búsqueda de emprego para inmigrantes
A Concellería de Igualdade, que dirixe Verónica Casal Míguez, vai por en marcha un obradoiro de orientación laboral e búsqueda de emprego para inmigrantes. A actividade, que se desenvolverá na Casa da Muller, terá lugar entre os días 12 de xaneiro e 2 de marzo, se ben o prazo para anotarse se abrirá este luns, día 19.
No que atinxe aos obxectivos, Casal Míguez explicaba hoxe que se trata de que as mulleres inmigrantes poidan acceder a unha serie de métodos e pautas de cara a mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo. Dirixido fundamentalmente a aquelas que pertenzan a este colectivo e busquen o seu primeiro emprego, tamén está aberto a aqueloutras que xa teñan experiencia laboral e desexen incorporarse de novo ao mercado laboral. Nesta liña, a edil sinalaba que en total se porán en marcha catro obradoiros para un total de 60 beneficiarias que acudirán en tres quendas: a primeira terá lugar os días 26 e 27 de xaneiro e 1, 2 e 3 de febreiro; o segundo grupo que se estenderá os días 9 e 10 e do 15 ao 17 de febreiro, e a última quenda que terá lugar o 23, 24 e 29 de febreiro e 1 e 2 de marzo.
Xa con máis detalle e respecto dos contidos a desenvolver, as beneficiarias desta iniciativa da Concellería de Igualdade aprenderán a deseñar un Curriculum Vitae, a elaborar unha carta de presentación, manexar as follas de solicitude e enfrontarse a unha entrevista persoal. Tamén aprenderán dinámicas de selección de persoal, probas psicotécnicas, búsqueda activa de emprego e autoemprego. E, ao fío, Verónica Casal explicou que o prazo para anotarse se estenderá dende o luns, 19 de decembro e até o martes 16 de xaneiro e que as inscricións poderán facerse cumprimentando e enviando un formulario que se pode descargar na web www.ferrol.es/igualdade ou ben presentando dito impreso na propia Casa da Muller, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.
I Concurso de carteis contra a violencia de xénero
BASES REGULADORAS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2011.
Concellería que o convoca: Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol.
Área : Muller/Centro de Información á Muller.
PRIMEIRA.- OBXECTO. O obxecto desta convocatoria consiste na creación dun cartel que forme parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, promovida pola concellería de Igualdade do Concello de Ferrol, co motivo do día 25 de novembro de 2011, día internacional da non violencia contra as mulleres.
SEGUNDA.- CONCURSANTES. Poderán concursar tódalas persoas maiores de 18 anos.
TERCEIRA.- FORMA DE PRESENTACIÓN DO CARTEL OU CARTEIS.
Os traballos que se presenten a este concurso deberán ser orixinais e non ter sido presentados en anteriores concursos.
Casa persoa poderá presentar cantas obras desexe.
Os orixinais realizaranse en papel ou lenzo, en tamaño mínimo A3. Achegaranse o suficientemente protexidos e montados en soporte ríxido, para os efectos de permitir a súa perfecta exposición.
O material e a técnica utilizada serán libres, dentro dos límites usuais que permitan a normal reprodución fotomecánica.
Deberán incluir un lema ou eslogan relativo á non violencia contra as mulleres ou indicativo do día 25 de novembro (Día Internacional da non Violencia contra as mulleres). O lema poderá estar escrito en castelán ou en galego (a Concellería de Igualdade reservarase a facultade de traducílo).
O autor o a autora non poderán asinar os traballos, polo que a súa identificación limitarase a un lema que estará escrito ao dorso do cartel.Este irá acompañado dun sobre lacrado no que constará, na súa parte externa, o mesmo lema que no cartel, e, na súa parte interna, introducírase unha nota escrita cos datos personais do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo completo, un número de teléfono de contacto, fotocopia do NIF ou CIF, ou calquera outro dato sobre o propio traballo).
Asi mesmo, os/as participantes deberán achegar ademais unha declaración xurada de aceptación do contido das presentes bases.
CUARTA.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS. Poderán entregarse ou enviarse á seguinte dirección:
Concello de Ferrol-Concellería de Igualdade (C.I.M)
Rúa Lugo, 56,2º andar
15402- Ferrol.
Teléfono 981944124. E.mail : Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
QUINTA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS.- A data límite de presentación será o día 14 de novembro de 2011.
SEXTA.- PREMIOS.- Establecense dous categorías de premios:
PRIMER PREMIO: consistente en un notebook, para o gañador/a.
PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: consistente en un album dixital, para o gañador/a.
SÉTIMA.- COMPOSICIÓN DO XURADO.- O xurado estará composto polas seguintes persoas:
Presidenta: a concelleira de Igualdade.
Tres vocais:
Dous/dúas relacionados/as co mundo das artes, da imaxe e da educación plástica.
Un/unha técnico/a en Igualdade e violencia de xénero.
Secretaria: a xefa do negociado de Muller do concello.
OITAVA.- FALLO DO XURADO.- O fallo farase público o día 20 de novembro de 2011 e entregaranse os premios en acto público o día 25 do mesmo mes.
As persoas integrantes do xurado valorarán o contido, a capacidade de sensibilización, a orixinalidade e a calidade dos traballos.
NOVENA.- DEREITOS E RESPONSABILIDADES.
Os traballos quedarán en poder da concellería de Igualdade/Centro de Información á Muller, que ser reserva o dereito de explotación dos mesmos, produción, distribución, exposición, transformación ou calquera outro tratamento, sempre sen ánimo de lucro.
Tódolos carteis serán expostos ao público nas distintas dependencias municipais e/ou espazos públicos e a devandita exposición incluírase nos actos que se organicen para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero/25 de novembro de 2011.
As persoas participantes neste concurso serán as únicas responsables dos contados dos seus traballos, no que respecta a esixencias legais de dereitos de autorías ou plaxios, segundo a normativa de aplicación vixente.
FINAL.- As cuestións que se plantexen e non estean previstas nestas bases, resolveránse polos membros/as do xurado.
As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables.
Rúa Lugo, 56 15402 Ferrol
Horario: Luns a Venres: 10 a 14 h - 17 a 20 h.
Tel 981 944 240 | casadamuller@ferrol.es