O alcalde José Manuel Rey presidirá os actos institucionais que se desenvolverán no Teatro Jofre. MarÃa del Carmen Sánchez doou ao Concello a vivenda da súa propiedade que agora serve de sede á Casa de Acollida, pola que xa pasaron máis de 500 mulleres. Ademais do recoñecemento a MarÃa del Carmen Sánchez, a conmemoración do 8 de marzo inclúe un concerto, a cargo de LucÃa Pérez, e a actuación da monologuista Cristina Moreira.
O Concello de Ferrol homenaxeará o vindeiro 8 de marzo, DÃa Internacional da Muller, a MarÃa del Carmen Sánchez, que foi a persoa que cedeu ao Concello para fins sociais a vivenda que actualmente serve de Casa de Acollida, a primeira coa que contou Galicia e unha das primeiras de España. Maria del Carmen Sánchez, que nos anos 80 foi xefa de Negociado de Acción Social da Administración ferrolá, recibirá este merecido recoñecemento na conmemoración institucional do 8 de marzo, que se desenvolverá no Teatro Jofre a partir das 20.00 horas.Â
A homenaxe a esta muller ferrolá partiu da ConcellerÃa de Igualdade, que dirixe Verónica Casal MÃguez, e conta co respaldo do conxunto da corporación municipal e do Consello Sectorial da Muller, que se celebrou na xornada de onte. Con este recoñecemento nunha data tan sinalada como o DÃa Internacional da Muller, o Concello de Ferrol quere agradecer a MarÃa del Carmen Sánchez a súa xenerosidade, xa que doazón que fixo no seu momento posibilitou mellorar considerablemente a calidade de vida das mulleres. Dende que en 1997 se fixo o traslado da Casa de Acollida dende o inmoble de Recimil no que se atopaba dende o ano 1989 á ubicación actual, máis de 500 mulleres pasaron polas súas instalacións.Â
Ademais do recoñecemento a MarÃa del Carmen Sánchez, os actos institucionais do 8 de marzo no Teatro Jofre inclúen unha actuación musical, que correrá a cargo de LucÃa Pérez, e outra de monólogos de Cristina Moreira. A conmemoración do DÃa Internacional da Muller estará presidida polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.