A Casa da Muller informa que a partires do luns 11 de xullo, estará dispoñible na páxina web da Casa da Muller, un documento que servirá para coñecer as demandas das cidadás ferrolás para o vindeiro curso 2011/2012 na Casa da Muller.
Esa enquisa, que pode recollerse tamén na propia Casa da Muller, sita na rúa Lugo 56, poderá enviarse a través do correo electrónico
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
ou ben ás propias instalacións.
O prazo para entregar a enquisa rematará o mércores 7 de setembro.
Por outra banda, se informa que tódalas mulleres interesadas en impartir obradoiros na Casa da Muller, poderán descargar da web unha solicitude e enviar asimesmo os seus proxectos ao mail
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
ou entregalo nas propias instalacións da Casa da Muller (Rúa Lugo 56)
O prazo igualmente comeza o luns 11 de xullo, e o prazo remata o mércores 7 de setembro.
As mulleres interesadas en inscribirse nos obradoiros da Casa da Muller, poderán anotarse do 12 de setembro ao 27 de setembro. Os obradoiros que se impartirán no vindeiro curso, dáranse a coñecer o venres 9 de setembro de 2011.
Os obradoiros darán comezo o luns 3 de outubro.
En datas próximas tamén se anunciarán as datas do programa de ocio nocturno “enRÉDate”, que tralo éxito obtido na súa andadura piloto, acadou unha media de 60 mulleres participantes en actividades como Danza Oriental, Iogalates ou Artesanía.