O próximo luns abrirase o prazo de inscrición para os campamentos para nenos, en ámbito rural e urbano, que organiza a Concellería de Benestar Social, que dirixe Beatriz Sestayo, nunha aposta clara pola conciliación laboral e familiar e a formación dos pequenos en valores educativos.
Beatriz Sestayo presentou esta mañá os campamentos, que este ano contarán con ata 280 prazas, en horarios de mañá, en xullo e agosto:
· Campamentos urbanos. 160 prazas. De 3 a 12 anos.
· Campamenos rurais. 120 prazas. De 3 a 14 anos.
No caso dos campamentos urbanos mentres que os rurais terán lugar en Covas e incorporarán actividades novidosas como algunha “noite de durmida” para fomentar o coñecemento da natureza e do medio ambiente.
As solicitudes poden ser presentadas dende o luns por Rexistro, se ben no caso do rural poden realizarse na Asociación de veciños de Covas e Esmelle.
Os campamentos incorporan actividades “lúdicas pero moitas educativas que permiten aprender xogando valores de convivencia, alimentación ou e solidariedade”, explicou a tenente de Alcalde, incorporando tamén as suxestións das asociacións.