Datas de realización: Venres 21 e 28 de xuño de 2013, de 18.00 a 20.00 h.
Lugar: Concellería de Igualdade (Rúa Lugo 56, Baixo)
Beneficiarios/as: Adolescentes residentes en Ferrol con idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos.
Lugar de inscricións e prazo: No Rexistro do Concello de Ferrol, presentando ademáis un volante de empadroamento do 6 ao 19 de xuño de 2013.
Obxectivos:
- Desmitificar os roles atribuídos a ambos sexos tanto na afectividade como na sexualidade.
- Traballar actitudes e habilidades de relación persoal.
- Visibilizar as novas formas de desigualdade que se establecen entre a xuventude, relacionadas co establecemento de relacións sentimentais.
Contidos:
A través dunha idea atractiva, traballarase coa adolescencia contidos de habilidades sociais, resolución de conflitos, excesiva preocupación pola imaxe persoal ou os mitos do que “deben facer” chicos e chicas á hora de relacionarse.
Ademáis, entraremos na “dimensión sexual” rompendo coas ideas sexistas antigas e as novas (que se enmascaran baixo unha pseudomodernidade) e devolvendo a responsabilidade que se lle atribúe aos rapaces (levar o mando) e ás rapazas (embarazos non desexados) ao seu lugar.
Metodoloxía:
A idea é abordar, a través dunha metodoloxía lúdico-educativa, aqueles aspectos relacionados coa afectividade e os primeiros ligues, analizando as súas estratexias persoais e o seu concepto dos roles nos rapaces e rapazas das súas idades.