.
 

Centro Cívico de Canido

Audiovisual Programa Urban Ferrol 2014

Versión galego

Versión castelán

Que é o Programa Urban?

O "Proxecto para a rexeneración urbana dos barrios históricos de orixe da cidade marítima de Ferrol” promovido polo Concello de Ferrol,e aprobado por unanimidade en sesión plenaria da Corporación Municipal, é xa unha realidade trala inclusión deste proxecto dentro da Iniciativa Urbana (URBAN), cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para o período de programación de fondos comunitarios 2007-2013, cun orzamento total de 11.433.590 euros.

O obxectivo da iniciativa comunitaria URBAN é a rexeneración social e económica das cidades e dos barrios co fin de promover un desenvolvemento urbano sostible a través de modelos innovadores, concedendo unha forte énfase ao proceso de cooperación e á participación dos axentes locais.

As actuacións do URBAN FERROL destínanse a:
  • facilitar a integración física, funcional, social e económica dos barrios
  • mellorar a empregabilidade da poboación feminina e da mocidade
  • apoiar a rexeneración do tecido económico e fomentar a iniciativa empresarial e comercial
  • incrementar o nivel de servizos á poboación co fin de mellorar as súas condicións de vida e atraer nova poboación que rexenere demograficamente estes barrios
  • desenvolver accións de mellora ambiental, de promoción da mobilidade sostible e de incremento de infraestruturasrenovar edificios e espazos públicos
  • promover iniciativas locais en favor do emprego
  • mellorar os sistemas de educación e formación en beneficio das persoas desfavorecidas
  • desenvolver sistemas máis eficaces de xestión dos recursos enerxéticos e do uso de enerxías renovables
  • aproveitar o potencial que ofrecen as tecnoloxías da sociedade da información.

Máis información

 
.
Revitalización Comercial Accións formativas Consello asesor Dinamización Suxestións Subvencións Galería de imaxes