Generic placeholder image

Día Forestal Mundial e Día Mundial da Auga.

Con motivo da celebración do Día Forestal Mundial o vindeiro 21 de marzo e do Día Mundial da Auga o 22 de marzo, a Concellería de Medio Ambiente de Ferrol, a través da Aula de Ecoloxía Urbana, organiza unha actividade para todas as idades en torno a estas dúas efemérides o sábado 25 de marzo.

Esta actividade, que ten como obxectivo concienciar tanto da importancia das árbores do noso entorno como do uso eficiente da auga, iniciarase no parque do Cantón de Molíns, lugar no que os participantes coñecerán as principais especies arbóreas presentes no mesmo, para continuar cun paseo ata o Parque Raíña Sofía, onde se plantará unha árbore para conmemorar a data. Rematarase cunha visita ás instalacións de Aquaciencia, para que maiores e pequenos gocen do seu xardín didáctico mentres descobren a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos.

A actividade, totalmente gratuita, desenvolverase o sábado 25 de marzo dende as 11:00 ata as 12:30. Todas as persoas interesadas en participar deberán estar ás 11:00 diante da Aula de Ecoloxía Urbana no Cantón de Molíns.


As aves da Cidade de Ferrol Aves urbanas de Ferrol.

Trátase dun proxecto que pretende achegar a cidadanía en xeral e os rapaces en particular ao medio natural e á biodiversidade do seu contorno mediante o estudo e a observación das aves nos diferentes tipos de hábitats que existen na cidade de Ferrol.

Aves urbanas de Ferrol

Praias. Bandeira azul.

Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE desde 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter la Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: Calidade das aguas de baño, Información e educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, servizos e instalacións.

Generic placeholder image

Aula de Ecoloxía Urbana.

Rúa Irmandiños, s/n
aeu@ferrol.es
www.facebook.es/AEUferrol
Aula Ecoloxía Urbana: 981 944 222
Concellería de Medio Ambiente: 981 944 160

Generic placeholder image

Generic placeholder image

Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía. O Concello de Ferrol adheriuse en Marzo de 2019.

Compromisos:

  • Reducir as emisións de CO2 no noso territorio nun 40% como mínimo de aquí a 2030, en particular a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso das fontes de enerxía renovables.
  • Aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.
  • Levar a cabo un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático.

Enlace web oficial: http://www.pactodelosalcaldes.eu


Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 15, do 25 de xaneiro).

PR483C_Subvencións en concorrencia competitiva a entidades locais.

Subvención concedida para o proxecto denominado "Gastos de funcionamento do servizo municipal de Medio Ambiente: asistencia técnica para a aplicación da normativa en materia de prevención de incendios".

Importe: 5.430,48€

Generic placeholder image

Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro).

PR483C_Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais.

Subvención concedida para o proxecto denominado "Mellora na aplicación da normativa sobre os deberes dos propietarios de parcelas e cumprimento da normativa de incendios".

Importe: 6.579,38€

Generic placeholder image