O Concello de Ferrol e a Asociación de Economía Social Briante, co apoio da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, colaboran na posta en marcha dunha cooperativa cultural en Ferrol.
¿Que é?
A cooperativa é unha empresa social sen ánimo de lucro. Os excedentes reinvestiranse na mellora da propia cooperativa, onde a propiedade e control é dos socios/as.
¿Cal é o obxecto?
Promovelo intercambio de produtos e servizos culturais – artesanía local, pintura, fotografía, música, emprego de novas tecnoloxías, comercio xusto e viaxes alternativos
¿Como se organiza?
En tres seccións:
- Artesanía local e comercio xusto.
- Turismo alternativo.
- Organización de eventos.
¿Cómo podes participar?
A participación está aberta a calquera persoa que teña interese nos ámbitos de traballo desta cooperativa. Contacta co Centro de Emprego de Ferrol para máis información.