Exerce en Ferrol

Banner Exerce


Programa Experimental ao abeiro da Orde do 5 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia, durante os anos 2008 e 2009, de programas experimentais en materia de emprego.

Os obxectivos xerais do programa son:

  • Favorecer a incorporación ao mundo laboral dos colectivos obxecto de actuación.
  • Establecer relacións co mundo empresarial para facilitar o acceso dos/as participantes aos postos de traballo.

Partindo deles o Programa conta cos seguintes obxectivos específicos:

  • Mellorar as posibilidades de acceso a un emprego, a través da mellora dá empregabilidade dos participantes.
  • Conseguir a inserción laboral de polo menos o 50% dos/as participantes no programa.
  • Realizar labores de intermediación laboral para facilitar o acceso dos/as participantes ao mundo laboral.
  • Coñecer a realidade do emprego para realizar a orientación laboral do modo máis adecuado posible atendendo as necesidades do empresariado

Resumo de actuacións:

  • Nº de persoas entrevistadas: 210
  • Nº de persoas participantes no programa: 50

Formación profesionalizante:

  • Curso “Dependente de sección de supermercado”

Data de inicio: 2 de marzo
Data de finalización: 21 de maio
Formación específica. 250 horas teórico-prácticas nos centros de traballo da empresa Froiz.
Formación complementaria: 20 horas (10 horas de introdución á informática e 10 horas de orientación laboral).
Nesta acción participan 15 alumnas.

  • Curso “Manexo de carretilla e maquinaria auxiliar”

Data de inicio: 27 de marzo
Data de finalización: 30 de abril
Formación específica: 80 horas (32 horas teóricas e 48 de prácticas en empresa). A empresa encargada de impartir a formación teórico-práctica é Rilo Maquinaria.
Formación complementaria: 20 horas (10 horas de introdución á informática e 10 horas de orientación laboral).
Os participantes nesta acción formativa son 20 persoas desempregadas.

  • Curso “Limpeza de inmobles”

Data de inicio: 26 de marzo
Data de finalización: 14 de maio
Formación específica: 90 horas teórico prácticas. A empresa encargada desta formación é Servisol.
Formación complementaria: 20 horas (10 horas de introdución á informática e 10 horas de orientación laboral).
Os participantes nesta acción formativa son 15 persoas desempregadas.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego