Curso de Comunicación en Lingua Galega Nivel 2

Luns, 4 de marzo de 2024
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, comezou o día 4 de marzo de 2024 o curso Comunicación en Lingua Galega nivel 2, até o 13 de marzo de 2024, en horario de 9 a 14 horas e cunha duración total de 38 horas.

Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia..

Estes cursos de Competencias Clave diríxense a persoas que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa



Máis información e inscricións:
http://www.ferrol.es/emprego
981944195
emprego@ferrol.es


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego