|
Próximo inicio do Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2023/24.
Mércores, 3 de xaneiro de 2024
O “Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2023/24” é un programa de emprego cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que ten como finalidade á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego.
Vai dirixido a un total de 100 persoas en situación de desemprego, comezará en febrero, e finalizará en decembro de 2024. Comprende un completo grupo de accións entre as que temos:
- Información, orientación e asesoramento.
- Formación.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
- Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
- Fomento da capacidade emprendedora.
- Prospección empresarial.
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
- Prácticas profesionais non laborais en empresas.
- Obradoiros sobre mobilidade laboral.
En canto á formación específica para o desenvolvemento dunha ocupación, os itinerarios a desenvolver inicialmente serían: • Itinerario 1: Xestión loxística e de almacén. • Itinerario 2: Dependente de establecementos comerciais. • Itinerario 3: Técnicas de limpeza. • Itinerario 4: Auxiliar de reposición e caixa. • Itinerario 5: Comercialización e venda de produtos de canizaría. • Itinerario 6: Actividades básicas nas seccións de frescos: panadaría, charcutería e froitería. • Itinerario 7: Actividades de apoio á industria e á construción.
Tamén están contempladas medidas complementarias, como iniciación á informática e competencias dixitais básicas para o emprego; manipulación de alimentos; ou inserción laboral e técnicas de busca de emprego, entre outras. E para aqueles colectivos con nivel baixo de cualificación, que carezan dos estudos mínimos, dotarase dunha formación de apoio que axude a estes colectivos a superar esta barreira formativa, tanto a través das probas da ESO/ESA, ou ben das probas de obtención das Competencias Clave (especialmente de nivel 2).
En canto á fase de prácticas profesionais non laborais en empresas, o Concello de Ferrol contará de novo coa axuda de boa parte das empresas do territorio. Estas prácticas en empresas permiten que o alumnado coñeza distintos eidos de traballo, tarefas, e formas de organizar o traballo. Así aumentan as posibilidades de incorporarse a un posto unha vez finalizadas.
Durante toda a participación no programa integrado as persoas participantes terán un/ha titor/a que será a súa referencia no proceso de inserción laboral, e que as axudará en todo este camiño.
Máis información e inscricións no 981944195, ou no email emprego@ferrol.es
|
|