O tenente alcalde e concelleiro de Emprego, Javier Díaz, clausurou na mañá do 15/11/2023 o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2022-2023.

Mércores, 15 de novembro de 2023
O 62 % dos participantes xa conseguiron un posto de traballo e espérase que a porcentaxe aumente nas próximas datas.

A través do Programa Integrado de Emprego búscase mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego con intermediación laboral e durante un período de 12 meses. Nesta edición participaron 100 persoas de colectivos prioritarios como persoas en risco de exclusión social, con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración, persoas inmigrantes, entre outros.

Este programa está financiado nun 79 % por parte da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e nun 21% polo Concello de Ferrol.

En canto á formación impartida, os alumnos puideron elixir entre cinco itinerarios: xestión loxística e de almacén, dependente de establecementos comerciais, técnicas de limpeza, auxiliar de reposición e caixa, e comercialización e venda de produtos da pesca. Ademais, recibiron formación encamiñada a mellorar a empregabilidade e realizaron prácticas en empresas.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego