Accións formativas para persoas desempregadas 2023-2024

Luns, 2 de outubro de 2023
O Concello de Ferrol é beneficiario dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a realización de 6 accións formativas dirixidas ás persoas desempregadas.

No Centro de Emprego do Concello de Ferrol, impartiranse un total de 1.688 horas de formación dende novembro de 2023 até agosto de 2024, das que se poderán beneficiar 90 persoas, 15 persoas por cada curso.

Nas instalacións do Centro de Emprego do Concello de Ferrol, emprazadas na R/ Sagrada Familia, 56 (Catabois), realizaranse 3 cursos de competencias clave dirixidos a persoas en situación de desemprego que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa. 
Ademais realizaránse tres certificados de profesionalidade: dous da especialidade de administración que son de nivel 1 e un da especialidade sociosanitaria que é de nivel 2.

Competencias clave:
- Competencia matemática (138 horas),
- Comunicación en lingua castelá (138 horas)
- Comunicación en lingua galega (38 horas).

Certificados de profesionalidade:
- Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (448 horas)
- Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (458 horas)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas)


As persoas interesadas en participar, deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia e, ademáis, no caso do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, será necesaria a ESO ou equivalente.

Próximamente, abriranse os prazos de inscrición aos cursos. Esta inscrición poderá facerse presencialmente ou a través do correo electrónico (emprego@ferrol.es).


Máis información 
http://www.ferrol.es/emprego
981944195
emprego@ferrol.es


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego