|
O Concello de Ferrol comeza o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2021-2022.
Venres, 3 de decembro de 2021
Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e do Servizo Público de Emprego Estatal, dependente do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol esta previsto que teña un total de 100 persoas participantes e desenvolverase ata o mes de novembro de 2022.
Para participar é necesario estar en situación de desemprego, inscrito como tal no servizo público de emprego de Galicia, e pertencer a algún dos seguintes colectivos: - Persoas con discapacidade, - Beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social, - Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero, - Menores de 30, - Maiores de 45 anos, - Perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, - Mulleres, - Persoas desempregadas de longa duración, - Persoas inmigrantes.
Co obxectivo da inserción laboral das persoas participantes desenvolveranse, entre outras accións, as seguintes: Información, orientación e asesoramento; formación para o emprego e formación transversal; técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas; e obradoiros sobre mobilidade laboral.
Está contemplada a realización dos seguintes itinerarios formativos: - Itinerario 1: Almacén - Itinerario 2: Comercio - Itinerario 3: Carne - Itinerario 4: Limpeza-camareira - Itinerario 5: Caixa, reposición e panadería
O obxectivo de inserción laboral previsto das persoas que participen no programa integrado, será do 40%
O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2021-2022 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa, tendo en conta que o concepto de asistencia supón presencia física da persoa beneficiaria.
Se levarán a cabo medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, laboral, formativa e familiar adaptando, na medida do posible, os horarios das accións formativas á situación daqueles participantes con dificultades para acudir e ofrecendo a posibilidade de impartir algunha da formación on-line ou mediante un sistema mixto, e creación de un banco de tempo.
|
|