Leváronse a cabo titorías individuais de orientación laboral, realizáronse accións grupais de dinamización para a busca de emprego, e puxéronse en marcha os módulos transversais vinculados con cada itinerario formativo
Nos últimos meses desenvolveuse a formación específica correspondente a cada unha das seguintes especialidades:
- Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Auxiliar de cociña e restauración.
- Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos.
- Especialista en preparación e venda de peixe fresco.
- Auxiliar de comercio, almacén e loxística.
Paralelamente, estanse a realizar os labores de intermediación laboral e de prospección empresarial.
A partir do mes de setembro estanse a desenvolver as prácticas profesionais non laborais nos itinerarios de Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos, Especialista en preparación e venda de peixe fresco e Auxiliar de comercio, almacén e loxística.
No mes de outubro deron comezo as prácticas vinculadas cos itinerarios de Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e Auxiliar de cociña e restauración en empresas de atención a domicilio e servizos de restauración.