O Concello de Ferrol comezará no mes de outubro un obradoiro de emprego dual no sector forestal denominado "Costa Verde".

Martes, 25 de setembro de 2018
A Xunta de Galicia concedeu unha subvención para este obradoiro destinado a un total de 20 alumnos/as traballadores/as, con unha duración prevista de nove meses.

O obradoiro de emprego dual "Costa Verde" esta destinado á conservación e mellora de parcelas verdes municipais, a través de dous equipos de dez alumnos/as traballadores/as, e un equipo técnico formado por cinco persoas.

As persoas beneficiarias como alumnado/traballador recibirán unha formación do certificado de profesionalidade "actividades auxiliares en conservación e mellora de montes" que de ser superada daralles acceso a este certificado de nivel 1. Xunto con este certificado recibirán diversa formación complementaria como prevención de riscos laborais, sensibilización ambiental, manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios, alfabetización informática, igualdade de xénero e inserción laboral, entre outras.

As parcelas nas que se ten previsto actuar, atópanse en tres zonas do termo municipal de Ferrol: a zona do Cuartelillo do Grupo Táctico de Prior, o Bosque Monumento a Torrente Ballester, e a zona da Aguillón (Serantes). E nas mesmas realizaranse diversos traballos de roza de mato e herbáceas, apeo e poda de árbores, revisión do estado fitosanitario das árbores, e repoboacións.

As persoas interesadas en formar parte deste obradoiro de emprego dual, terán que dirixirse á oficina de emprego do Servizo de Emprego Público de Galicia.

Máis información 981944195

Obradoiro dual



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego