Cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Mércores, 12 de setembro de 2018
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, ten previsto realizar dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que terán unha duración de 468 horas. O primeiro comezará no mes de novembro de 2018, e desenvolverase en horario de 9,00 a 14,00 horas, ata marzo de 2019, o segundo comezará no mes de febreiro de 2019.

Esta formación está cofnanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Estes curso teñen certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para o acceso aos mesmos é necesario contar coa titulación de ESO ou equivalente, as competencias clave de nivel 2, ou estar en posesión de certificado de profesionalidade de nivel 1 na mesma familia profesional.

As persoas interesadas deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia.

Máis información:
981944195
emprego@ferrol.es

AFD 2018



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego