|
Obradoiro de emprego “Costa Web”
Mércores, 5 de setembro de 2018
O Concello de Ferrol comezará este programa mixto de emprego e formación, dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, durante o mes de setembro.
Costa Web terá unha duración de seis meses, e oferta un total de 16 prazas, para mozos e mozas con idades entre os 18 e os 29 anos, inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Este Obradoiro, estará cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, xunto coa achega municipal do Concello de Ferrol.
O obxectivo previsto de “Costa Web” é desenvolver unha aplicación con tecnoloxía web que mellore os servizos existentes no sitio web do Centro de Emprego do Concello de Ferrol, para o que as persoas beneficiarias recibirán unha formación que contará coa especialidade Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web.
“Costa WEB” esta dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ao abeiro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e FSE para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%
Máis información: 981944195 (emprego@ferrol.es) Ligazón
|
|