|
O Concello de Ferrol comezará o obradoiro de emprego denominado “FERROL INDUSTRIA 4.0” a partir do mes de setembro.
Venres, 18 de agosto de 2017
Este obradoiro terá unha duración de 9 meses, para 20 persoas divididas en dúas especialidades: soldadura oxigás e soldadura mig/mag; e tratamentos de superficies.
O equipo técnico e os/as alumnos/as traballadores/as serán seleccionados entre as candidaturas remitidas pola Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Este Obradoiro ten como obxectivo a mellora dos accesos ao Estadio Municipal de A Malata, e esta cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Descarga Bases (.pdf)
Descarga Baremos (.pdf)
|
|