|
Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Venres, 4 de agosto de 2017
A convocatoria realizarase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia.
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, ten previsto realizar o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que ten unha duración de 468 horas.
Este curso ten certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para o acceso ao mesmo é necesario contar coa titulación de ESO ou equivalente, ou as competencias clave de nivel 2.
As persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, que será o encargado de realizar a inscrición das persoas candidatas no curso.
Máis información: 981944195 emprego@ferrol.es
|
|