Trátase dunha iniciativa posta en marchar dende a Área de Participación, Seguridade e Tráfico, Emprego, Normalización Lingüística e Promoción Económica do Concello de Ferrol que ofrece formación totalmente gratuíta para un total de 120 potenciais emprendedores do Concello de Ferrol. Este proxecto, nace para estimular o espírito empresarial e a creación de empresas con conciencia sostible e se desenvolverá dende o mes de maio ata mes de decembro da presente anualidade.
Para o desenvolvemento do programa de formación para o Emprendemento Sostible, levaranse a cabo dous tipos de accións dirixidas ao fomento da actividade emprendedora a través dunha metodoloxía formativa experiencial que combinará sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas no Concello de Ferrol e na súa contorna. Estas empresas, ademais de constituír un modelo de empresa economicamente rendible, socialmente comprometida e medioambientalmente respectuosa, constituirán un foro de encontro e interacción cos potenciais emprendedores nos que compartir a súa experiencia, inquedanzas, atrancos, dúbidas e éxitos acadados.
Celebraranse un total de 6 accións formativas (distribuídas en dúas convocatorias), e que se dividirán en función do perfil das persoas emprendedoras segundo o grao de maduración da súa idea empresarial.
- 4 OBRADOIROS DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Dirixido a aquelas persoas que estean valorando a posibilidade de emprender de xeito sostible. Neste obradoiro traballarase a motivación para o emprendemento sostible, explicando os elementos principais a ter en conta á hora de crear unha empresa e traballando os instrumentos que axudan á busca de ideas empresariais
- 2 CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS. Dirixido a aquelas persoas que xa teñan a idea de negocio e queiran analizar a súa viabilidade. Neste campus traballarase coas persoas participantes a maduración da idea empresarial. As ferramentas empregadas para a análise da viabilidade empresarial serán o MÉTODO CANVAS e o VIABLE.
Os CAMPUS de EMPRENDEMENTO SOSTIBLE, son un proxecto formativo cunha metodoloxía innovadora que consiste na combinación de sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas no concello e na súa contorna, que poden servir como referencia para os emprendedores/as locais.
Ademais, unha vez finalizadas as sesións teóricas e prácticas, porase a disposición do conxunto de participantes nos campus de viabilidade empresarial, unha BOLSA DE TITORÍAS para completar o proceso de maduración e análise iniciado durante a acción formativa.
Datas e lugar de celebración
- 1º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 4 de maio Horario: 10:00 a 14:00 h.
- 2º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 8 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h.
- CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS Datas: 19, 20, 21 e 22 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h*
*As accións formativas do campus, terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día.
Todas as accións formativas terán lugar no Centro Municipal de Emprego, sito na Rúa Sagrada Familia, nº 56.
A ficha de inscrición poderá presentarse persoalmente no Centro de Emprego, ou a través do email: emprego@ferrol.es
FICHA INSCRICIÓN