Clausura do Obradoiro de Emprego "Senda de Natureza", presidido polo alcalde, Jorge Suárez, o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, e José Afonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Sábado, 25 de marzo de 2017
Este programa mixto de emprego e formación estivo dirixido á mellora da ocupabilidade e cualificación e a inserción profesional de 15 mozas e mozos de Ferrol, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Este programa tivo unha duración de seis meses comezando o 26 de setembro do pasado ano con dúas especialidades:

  • Interpretación e educación ambiental (7 alumnos)
  • Guía por itinerarios de baixa e media montaña (8 alumnos)

As actuacións a realizar foron a posta en valor dos recursos paisaxísticos, históricos e naturais dunha ruta circular no Concello de case 10 quilómetros (A Malata-Chamorro-Valón-A Cabana-A Malata), co seu deseño e marcación, itinerario interpretativo, campañas de difusión ambiental, deseño, replanteo e instalación dos elementos de conservación da natureza.

O resultado é unha ruta circular de 9,25 quilómetros cunha duración de 2 horas e 30 minutos de dificultade media que arranca na Malata e pasa pola casa natal de Torrente Ballester, a igrexa de Serantes, a ermida de Chamorro, o Monte Reizás, o Bosque dos Nenos a capela de Santo Antonio e o dique da Cabana.

Ligazón ao video e ao tríptico da ruta:
http://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=593

Obradoiro Garantía Xuvenil



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego