Cunha duración de 8 horas, este curso desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol durante dúas xornadas a partir da segunda metade do mes de outubro. Esta formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas.
Ten como obxectivos coñecer as normas de hixiene alimentaria e o papel do manipulador na seguridade dos alimentos, coñecer cales son os principais contaminantes alimentarios, coñecer as boas prácticas de manipulación de alimentos e as consecuencias dunhas prácticas incorrectas de hixiene, coñecer os principais alérxenos alimentarios e a súa correcta xestión na empresa, en cumprimento do Regulamento 1169/2011, e coñecer o sistema de autocontrol baseado na Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC).
Os contidos formativos deste curso serán os seguintes:
- Manipulación de alimentos
- Contaminación dos alimentos
- Conservación e etiquetaxe de alimentos
- Boas prácticas de hixiene dos manipulador
- Sistemas de autocontrol
- Guía de boas prácticas de fabricación
- Xestión de alérxenos
As persoas destinatarias deberán estar en situación de desemprego, e terán preferencia as persoas mozas, as mulleres, e as persoas que figuren no padrón do Concello de Ferrol.
A inscrición realizarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e a documentación a presentar será a seguinte:
- Ficha de inscrición cuberta e asinada
- Copia tarxeta demandante de emprego
- Volante padrón
- Copia Curriculum Vitae
- Copia do NIF / NIE