Curso "Prevención riscos laborais, nivel básico"

Mércores, 28 de setembro de 2016
Dentro do Programa Ferrol Forma para o Emprego, cofinanciado pola Deputación da Coruña. Prazo ata o 31/10/2016

Cunha duración de 60 horas, este curso desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol durante dúas semanas a partir da segunda metade do mes de outubro, en horario de mañá. Esta formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas.

Impartiranse os coñecementos teóricos-prácticos para o desenvolvemento da actividade laboral en función dos riscos detectados no posto de traballo. A formación ten como obxectivo motivar nas persoas unha actitude de positiva predisposición cara a prevención.

Os contidos formativos deste curso serán os seguintes:

  • Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.
  • Riscos xerais e a súa prevención .
  • Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente ao sector da empresa.
  • Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.
  • Primeiros auxilios.

As persoas destinatarias deberán estar en situación de desemprego, e terán preferencia as persoas mozas, as mulleres, e as persoas que figuren no padrón do Concello de Ferrol.

A inscrición realizarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e a documentación a presentar será a seguinte:

  • Ficha de inscrición cuberta e asinada
  • Copia tarxeta demandante de emprego
  • Volante padrón
  • Copia Curriculum Vitae
  • Copia do NIF / NIE

 

>
Cofinancia Deputación da Coruña


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego