Cunha duración de 40 horas, este curso desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol durante dúas semanas do mes de novembro de 2016, en horario de mañá. Esta formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas.
Ten como obxectivos que as persoas participantes elaboraren o seu propio proxecto profesional que lles permita inserirse no mercado laboral, que coñezan a situación do mercado de traballo e as características do emprego que buscan, que desenvolvan as competencias profesionais e persoais que lles faciliten o acceso ao mercado de traballo, e que aprendan a utilizar técnicas e recursos para acceder ao mercado de traballo.
Os contidos formativos deste curso serán os seguintes:
- Deseño do proxecto profesional
- Técnicas e ferramentas para a busca de emprego
- Competencias básicas para a empregabilidade
- Busca de emprego 2.0
- O autoemprego
As persoas destinatarias deberán estar en situación de desemprego, e terán preferencia as persoas mozas, as mulleres, e as persoas que figuren no padrón do Concello de Ferrol.
A inscrición realizarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e a documentación a presentar será a seguinte:
- Ficha de inscrición cuberta e asinada
- Copia tarxeta demandante de emprego
- Volante padrón
- Copia Curriculum Vitae
- Copia do NIF / NIE