Trátase de “poñer en valor os recursos paisaxísticos, históricos e naturais da ruta de sendeirismo PRG-23 como fomento de turismo de natureza e deporte de montaña”, cun obradoiro mixto de formación e emprego que comezará en setembro. Fomentarase así unha ruta circular de 12 quilómetros (porto, A Malata, Chamorro, Valón, A Cabana e Porto) nos que “se pode gozar dunha vista da ría de Ferrol e a visita de puntos de interese turístico e medioambiental”.
Este Obradoiro consta de dúas especialidades con certificado de profesionalidade:
- Guía de itinerarios de baixa e media montaña (AFDA0611), para un total de oito persoas, e que por ser un certificado de profesionalidade de nivel 2, esixe o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou titulación equivalente; as competencias clave de nivel 2; ou ben o certificado de profesionalidade de nivel 2 ou certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Interpretación e Educación Ambiental (SEAG0109), para sete persoas, e que sendo un certificado de profesionalidade de nivel 3, require título de bacharelato ou titulación equivalente, competencias clave nivel 3, ou certificado de profesionalidade de nivel 3 ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
Inscrición: Servizo Público de Emprego de Galicia, na Oficina de Emprego de Ferrol-Centro, edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.
Sistema de Garantía Xuvenil.