O pasado 7 de xullo de 2016, comezaron no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, dous cursos de administración e xestión con certificado de profesionalidade de nivel 1, son:
- Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, cunha duración de 448 horas
- Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, cunha duración de 458 horas.
Os cursos son de nivel 1, polo que non é necesario un nivel formativo mínímo para o acceso aos mesmos. Estes cursos estan dirixidos a persoas en situación de desemprego, e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) da Xunta de Galicia.
Máis información:
981944195
emprego@ferrol.es