Curso “Emprende con éxito Ferrolterra”

Luns, 4 de abril de 2016
Dirixido a futuros emprendedores/as das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, o prazo de solicitude finalizará o 18 de abril de 2016.

Os beneficiarios serán 15 proxectos da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, que serán seleccionados por un comité de expertos de entre todos os presentados.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, sito en Praza de Armas, s/n, en horario de 9:00 a 14:00.

Presentarase en sobre pechado, consignando no exterior o nome do curso “Emprende con Éxito Ferrolterra” e os datos do solicitante.

Este sobre conterá a seguinte documentación:

  • Anexo I cuberto.
  • Anexo II cuberto.
  • Copia do D.N.I. de todos os promotores do proxecto.
  • Copia do Curriculum Vitae de todos os promotores do proxecto.

O curso terá unha duración total de 200 horas, divido en fases.

A primeira fase teórica, cunha duración de 60 horas, en horario de tarde, de 17:00 a 19:30, desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol. A continuación organizaranse unhas mesas redondas en colaboración con algúns dos emprendedores máis destacados da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais realizaranse visitas guiadas a empresas, dentro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Estas visitas teñen como finalidade dotar dunha visión práctica da organización e funcionamento no día a día dunha empresa.

Elaboración do Plan de Negocio. Cada un dos proxectos desenvolverá a idea de negocio inicial coa que comezaron o curso, en atención ós coñecementos e ferramentas adquiridas ó longo do mesmo. Esta fase terá unha duración de 60 horas, e realizarase en horario de tarde de 17:00 a 19:30, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol. A continuación asignarase a cada proxecto un titor persoal para os primeiros pasos como emprendedores.
 
BASES (.pdf)

ANEXOS (formato .rar)



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego