Clausura do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil "Smart Ferrol"

Luns, 14 de marzo de 2016
Este programa estivo promovido polo Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia

Smart Ferrol estivo enfocado ás persoas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O alumnado formouse na confección e realización de páxinas web que integren textos, imaxes e outros elementos a través do JavaScript. A especialidade formativa foi a de confección e publicación de paxinas web da familia profesional: Informática, con nivel de cualificación profesional 2. O proxecto, que iniciou a súa andadura o 15 de setembro de 2015 tivo unha duración de 6 meses combinando a formación teórica coa realización de prácticas.

Ademais dos contidos relacionados co certificado, impartiuse formación transversal en Igualdade de xénero, Orientación laboral, Sensibilización ambiental, Creación de empresas, Técnicas de busca de emprego, Informática e Prevención de Riscos Laborais.

A parte práctica do proxecto estivo enfocada ao impulso da innovación e á modernización da Administración local a través das novas tecnoloxías. Neste contexto, desenvolvéronse varias páxinas web para o Concello e modificáronse algunhas xa existentes co obxecto de por en valor distintas actividades e de facilitar o acceso público a información.

Todas elas adaptadas á última tendencia de deseño web adaptable (Responsive Web Design) establecida dende o W3C (World Wide Web Consortium), co obxectivo de facilitar o acceso ás mesmas desde calquera dispositivo (ordenador, tablet, smartphone, etc).

Smart Ferrol



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego