|
Clausura do obradoiro Ferrol Verde 4
Luns, 29 de febreiro de 2016
22 persoas maiores de 18 anos participaron durante seis meses neste obradoiro en Educación Ambiental e Xardinería na finca do Montón para habilitar un parque botánico con medio cento de especies.
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, xunto á Secretaria de Emprego da Consellería de Economía. Emprego e Industria, da Xunta de Galcia, Covadonga Toca, entregaron os diplomas ás 22 persoas que tomaron parte no obradoiro Ferrol Verde 4, e que traballaron, nos últimos seis meses no acondicionamento da finca de 25.000 metros no Montón, unha xoia botánica con gran potencial didáctico e ambiental que concentra mais de medio cento de especies diferenciadas de árbores.
Ferrol Verde 4 é un programa mixto de formación e emprego promovido polo Concello de Ferrol e cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo coa finalidade de mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas maiores de 18 anos.
|
|