PROGRAMA RE-EMPRENDE 2015: CREACIÓN DE EMPRESAS

Xoves, 19 de novembro de 2015
A mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vai desenvolver o programa Re-Emprende, o cal pretende dar resposta ás necesidades dos emprendedores en canto a formación e asesoramento.

O programa establece dous tipos de cursos: o máis básico de "Iniciación á creación de empresa", dirixido a persoas traballadoras ou en busca de emprego; e o curso "Claves prácticas para o plan de negocio" xa para aquelas persoas que teñan unha idea de negocio.

INICIACIÓN Á CREACIÓN DE EMPRESAS (3h)
Os obradoiros de “Iniciación á creación de empresas”.Unha aproximación ao proceso de emprendemento, á busca de ideas empresariais e análise da súa viabilidade.
  1. Dirixidos a calquera persoa con inquietude emprendedora que non dispoña aínda dun proxecto definido.
  2. Crear unha empresa é como…
  3. E se creamos unha empresa?
  4. Que precisamos para emprender?
  5. A busca da idea: Dinámicas de xeración de ideas.
  6. Primeiros pasos.
  7. En primeira persoa: Experiencia de un emprendedor/a. 
  • Mugardos, 25 de novembro de 17:00 a 20:00. Salón de plenos do Concello de Mugardos. Avenida de Galicia nº45
  • Cogami, 2 de decembro de 10:00 a 13:00. R/ Sánchez Calviño, 56-58 baixo Ferrol
  • Ferrol, 9 de decembro de 10:00 a 13:00. Centro de Emprego Concello R/Sagrada Familia, 56
  • Fene, 10 de decembro de 12:00 a 15:00. Aula de cursos Concello de Fene Avd. Naturais 44, entrechán
  • Narón, 14 de decembro de 10:00 a 13:00. Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz de Polígono da Gándara, Av. do Mar, parcela 112
CLAVES PRÁCTICAS PARA O PLAN DE NEGOCIO (4h)
Como enfocar a elaboración do plan de empresa dun xeito totalmente práctico para dar forma ao teu proxecto e determinar a súa viabilidade. Se tes unha idea, este seminario servirache para saber como darlle forma ata convertela nun proxecto viable.
  1. A filosofía lean aplicada ao plan de empresa "Business Model Canvas". Como construir o produto mínimo viable
  2. Acerta cos teus clientes
  3. Análise da competencia
  4. Como analizar a viabilidade do proxecto

Universidade da Coruña- Campus de Ferrol.
17 de decembro de 16:30 a 20:30.
Edificio de Apoio ao Estudo. Aula- 1.1 ( Esteiro. Avda. Vigo s/n)

Máis información e inscricións


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego