|
Cursos de COMPETENCIAS CLAVE para persoas desempregadas.
Luns, 7 de setembro de 2015
O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego, e cofinanciados pola Xunta de Galicia, comezará en breve, tres cursos de competencias clave de nivel dous: Matemáticas, Lingua Castelá, e Lingua Galega, dirixidos a persoas en situación de desemprego, que non teñen a ESO ou formación equivalente, estes cursos contan con 15 prazas.
Estes tres cursos desenvolveranse correlativamente durante o último cuadrimestre do ano no Centro de Emprego do Concello de Ferrol.
¿Que son as competencias clave? Neste caso as de nivel dous, son estudos que unha vez superados, dan aceso aos cursos de formación ocupacional con certificado de profesionalidade de nivel dous que esixen, entre outras, ter a ESO (ou formación equivalente). A maioría dos cursos de formación ocupacional con certificado de profesionalidade (os certificados de profesionalidade teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional), pertencen a este nivel dous.
|
|