Esta cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e comezará a selección de persoas beneficiarias a partir da segunda quincena de agosto de 2015.
As persoas interesadas deberán estar en situación de desemprego, e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, na Oficina de Ferrol Centro (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol), e solicitarán na propia oficina a inscrición neste programa, destas persoas os colectivos prioritarios para este Inserta 5 serán:
- Persoas desempregadas en risco de exclusión social
- Menores de 30 anos desempregados con baixa cualificación
- Menores de 30 anos desempregados
- Mulleres desempregadas
- Persoas desempregadas de longa duración
As accións deste programa comezarán a partir do mes de setembro de 2015, e desenvolveranse ata agosto de 2016.
Unha das vantaxes deste programa basease na análise individualizada da situación de partida de cada unha das persoas participantes. En función desta diagnose de partida establecerase un calendario de actividades adaptado a cada unha das persoas beneficiarias do programa.
O obxectivo último é a inserción laboral das persoas participantes no programa "Inserta 5", que nas edicións anteriores acadou unhas porcentaxes próximas ao 50%