O Concello de Ferrol a través do Centro de Emprego oferta tres cursos con certificado de profesionalidade, para persoas en situación de desemprego, cofinanciados pola Xunta de Galicia.

Mércores, 24 de xuño de 2015
Os cursos son: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais; e Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.

Para inscribirse nestes cursos é necesario acudir a Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os cursos comezarán no mes de xullo, e terán unha duración aproximada de catro meses.

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468h). Este curso é de nivel 2 polo que os requisitos de aceso serán os de estar en posesión da ESO (ou equivalente), ou ter superados as competencias clave básicas.
  • Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (448h)
  • Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (458h)


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego