Este curso non conta con axuda económica, e terán prioridade as persoas desempregadas e residentes no Concello de Ferrol.
As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:
- Modelo de solicitude (a descargar na web ou recoller no propio Centro de Emprego).
- Copia da tarxeta de demandante de Emprego (*)
- Volante de empadroamento (*)
- Copia actualizada do Curriculum Vitae. (*)
- No caso de persoas con algún tipo de discapacidade deberán presentar documentación acreditativa de que poden realizar os traballos que se desenvolverán na acción formativa (*)
(*) Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada recentemente nos cursos de: Informática básica para a busca de emprego, ou Manipulación de cargas con carretillas elevadoras.
Esta documentación presentarase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol: rúa Sagrada Familia (zona de Catabois) nº56, 15405 Ferrol.
Este curso ten unha duración de 260 horas (máis de dous meses), 170 horas de formación específica (que inclúe o módulo de Manipulación de cargas con carretillas elevadoras) e 90 horas de práctica profesional titorizada (prácticas non laborais en centros de traballo).
Descargar FICHA
Este curso esta cofinanciado pola Deputación Provincial de A Coruña.