Clausura do Obradoiro de Emprego Ferrol Verde 3

Martes, 10 de marzo de 2015
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, clausuraron este luns 9 de marzo a terceira edición do Obradoiro de Emprego Ferrol Verde.

Este Obradoiro permitiu dar continuidade á recuperación e posta en valor da parcela municipal do Montón como unha zona verde aberta á cidadanía.
A entrega de diplomas ás 23 persoas que participaron neste obradoiro tivo lugar na propia parcela do Montón, e á mesma tamén asistiron a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López; e a edil de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros.
Este Obradoiro tivo dúas especialidades, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego