Esta acción formativa terá unha duración 340 horas (190 horas de teoría e 150 horas de práctica en empresa), e esta previsto que se desenvolva en horario de mañá. As prazas son 15 e esta destinado a persoas en situación de desemprego e con preferencia a persoas residentes no Concello de Ferrol.
Inscricións: No Centro de Emprego do luns 1 de setembro ata o luns 15 de setembro (ambos inclusive) de luns a venres de 9,00h a 14,00h.
Documentación a presentar:
- Anexo de solicitude
- Curriculum Vitae actualizado
- Copia do DNI/NIE
- Copia da Tarxeta de Demandante de Emprego.
Este curso conta coa cofinanciación da Deputación da Coruña
ANEXO SOLICITUDE (pdf)