Comezará proximamente, e terá unha duración de 20 horas, presenciais, en catro días, quenda de mañá (9,00 a 14,00h), e contará con dúas titorías individualizadas por proxecto.
Establecerase un seguimento online de cada proxecto, e a realización das sesións presenciais e titorías será no Centro de Emprego do Concello de Ferrol.
Contidos:
- O proceso de emprendemento
- O Plano de Empresa
- Marketing, Social Media e Web
- A marca persoal e a motivación emprendedora
As solicitudes valoraranse en función de:
- Nivel de elaboración do proxecto.
- Condición de desemprego dos/as promotores/as
- Residencia en Ferrol.
- Persoas usuarias dos servizos de emprendemento do Concello de Ferrol
.
Límite a 15 proxectos.
Máis información: emprego@ferrol.es 981944195
FICHA SOLICITUDE (pdf)
FICHA SOLICITUDE (doc)