Aberto o prazo para inscribirse aos cursos de preparación para as probas de competencias clave (nivel 2) no Centro de Emprego do Concello de Ferrol

Luns, 17 de marzo de 2014
O Centro de Emprego do Concello de Ferrol prepara a persoas desempregadas para as probas de competencias clave convocadas pola Xunta de Galicia.

Ligazón á nova dos resultados


As prazas son limitadas, polo que todas as persoas interesadas, poden inscribirse a estes cursos de preparación até o día 9 de abril.

Con motivo da publicación no DOG do día 7 de marzo polo que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convoca as probas de avaliación en competencias clave para o 24 de maio de 2014, o Centro de Emprego organiza dous cursos de preparación a estas competencias de nivel 2.

Posuír estas competencias da a posibilidade, ás persoas que non teñan a titulación requirida, de acceder aos cursos AFD con certificado de profesionalidade, fundamentalmente dirixido a aquelas persoas que non acadaron o graduado en ESO.

As prazas son limitadas, polo que todas as persoas desempregadas e con preferencia domiciliadas no Concello de Ferrol, poden inscribirse a estes cursos de preparación até o día 9 de abril no Centro de Emprego do Concello (R/ Sagrada Familia, 56, teléfono 981 94 41 95).

Descarga de documentos

ANEXO A PRESENTAR NA XUNTA DE GALICIA

FICHA A PRESENTAR NO CENTRO DE EMPREGO (Xunto coa copia do anexo presentado na xunta)

Curso financiado por:
Cofinancia Deputación da Coruña



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego