XORNADA: Negocia en 2 minutos.

Venres, 8 de novembro de 2013
Organizada por AJE Ferrolterra e o Concello de Ferrol, tivo lugar o venres 8 de novembro, de 9:00h- 11:30h no Hotel Almirante. Para empresas e emprendedores.

Contou coa participación dunhas 35 persoas entre:

  • Empresarios/as, para difundir a súa actividade e captar novos clientes; coñecer novas posibilidades e valorar novas liñas de negocio; contactar con posibles colaboradores, socios...; recibir asesoramento doutras empresas e entidades; apoiar proxectos interesantes de novos emprendedores.
  • Emprendedores, para dar a coñecer o seu proxecto e promocionalo; descubrir posibles inversores; recibir asesoramento experto de empresas do seu sector; contactar con posibles colaboradores, socios...; coñecer profesionais que respondan a futuras necesidades; compartir experiencias con outros emprendedores; ou xerar novas ideas empresariais

Cada participante tivo dous minutos para presentar o seu proxecto/empresa ante outros asistentes, rotando polas diferentes mesas, para que, ao final, cada participante tivera presentado o seu proxecto/empresa ao número total de participantes.

AJE Ferrolterra



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego