O Centro de Emprego do Concello de Ferrol prepara a persoas desempregadas para as probas de competencias clave convocadas pola Xunta de Galicia.

Xoves, 25 de abril de 2013
As prazas son limitadas, polo que todas as persoas interesadas, poden inscribirse a estes cursos de preparación os días 29 e 30 de abril.

Con motivo da publicación no DOG do día 19 de abril polo que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convoca as probas de avaliación en competencias clave, o Centro de Emprego organiza dous cursos de preparación a estas competencias de nivel 2.

Posuír estas competencias da a posibilidade ás persoas que non teñan a titulación requirida o acceso aos cursos AFD con certificado de profesionalidade, fundamentalmente dirixido a aquelas persoas que non acadaron o graduado en ESO.

As prazas son limitadas, polo que todas as persoas desempregadas e con preferencia domiciliadas no Concello de Ferrol, poden inscribirse a estes cursos de preparación os días 29 e 30 de abril no Centro de Emprego do Concello (R/ Sagrada Familia, 56, teléfono 981 94 41 95). 


FICHA


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego