|
O alcalde de Ferrol destaca a aposta do obradoiro "Ferrol Verde" pola inserción laboral e a dotación de novos espazos axardinados na cidade
Martes, 1 de xaneiro de 2013
O primeiro edil da cidade e a titular autonómica estiveron cos 30 alumnos/as que se benefician desta iniciativa posta en marcha polo Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia. Rey Varela recorda que dende o ano 2005 Ferrol non contaba cun obradoiro de emprego; e subliña que esta actividade, ademais de mellorar a empregabilidade dos participantes, permitirá recuperar como zonas verdes espazos hoxe degradados no entorno do Ensanche.
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, visitaron o obradoiro “Ferrol Verde”, que se está a desenvolver no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol e no que participan dende este mes e até mediados de 2013 un total de 30 persoas demandantes de emprego. As Administracións autonómica e local colaboran na realización desta actuación, que se enmarca dentro das políticas activas de emprego, e na que se invisten 300.000 euros –dos cales, a Consellería de Beatriz Mato achega ao redor de 260.000, e o resto procede das arcas municipais-.
|
|