O Centro de Emprego do Concello de Ferrol organiza conxuntamente coa Asociación de Xoves Empresarios, AJE, un SPEED NETWORKING dirixido a todas as empresas de Ferrolterra.

Luns, 26 de novembro de 2012
Este encontro multisectorial consiste en que as persoas empresarias poderán presentar a súa empresa en dous minutos dunha forma clara, concisa, áxil e rápida perante unha mesa de alomenos sete persoas.

Logo da presentación de todos os empresarios en cada mesa, cada participante, a través do sistema de rotación, poderá presentar a súa empresa ao número total de persoas asistentes.

As persoas participantes poderán axudarse de catálogos ou calquera material corporativo, así como, o uso das tarxetas comerciais servirá para deixar o seu contacto ao resto das empresas participantes.

Esta actividade terá lugar o vindeiro día 29 de novembro das 9:00h ás 11:30h no Hotel Hesperia Ferrol.

As prazas son limitadas, polo que todas as persoas empresarias interesadas en participar neste encontro, poden facelo a través do correo electrónico aje@cofernet.com ou na sede de AJE , Cantón de Molíns 8-9 Entrechán,               981 333 322       .



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego