O luns día 15 comezan os cursos preparatorios das probas de competencias clave de nivel 2 convocadas pola Xunta de Galicia

Xoves, 11 de outubro de 2012
Máis de 70 persoas foron admitidas ás clases que se desenvolverán no Centro Municipal de Emprego. Posuír estas competencias permite acceder a cursos de formación que outorgan certificado de profesionalidade


Con estes cursos se poden preparar as sete competencias clave de nivel dous, e o alumnado está dividido en tres grupos, dous de mañá e un de tarde, sendo as clases de luns a venres ata o día anterior aos exames.

Posuír estas competencias posibilita a estas persoas que non teñen a titulación necesaria o aceso a determinados cursos de formación ocupacional con certificado de profesionalidade (cursos AFD). A Consellería de Traballo e Benestar da Administración autonómica fixou os devanditos exames de avaliación de competencia para o día 24 de novembro.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego