|
Pechado o prazo de inscrición no curso de iniciación á informática para a busca de emprego
Xoves, 6 de setembro de 2012
O Centro de Emprego do Concello de Ferrol organiza para setembro a realización de un curso de Iniciación á informática para a busca de emprego, ao abeiro dunha subvención da Deputación da Coruña para o “Proxecto de formación para o emprego”.
O éxito acadado nas convocatorias anteriores, nas que a demanda superou con moito todas as previsións, leva á Concellería de Emprego do Concello de Ferrol a realizar unha nova edición en setembro.
O desenvolvemento desta acción formativa ten como obxectivo proporcionar ao alumnado participante un coñecemento básico no manexo da informática e Internet, como ferramenta necesaria para a súa inserción no mercado de traballo. Trátase dunha formación eminentemente práctica encamiñada á busca de emprego de forma activa aproveitando os recursos das novas tecnoloxías, e na que se traballará na confección do currículo vitae e da carta de presentación, entre outras ferramentas de busca de emprego.
A formación está estruturada nos seguintes bloques temáticos:
- Informática básica.
- Procesadores de texto.
- Ferramentas para a busca de emprego.
- Internet e servizos principais: web, correo electrónico e mensaxería instantánea.
- Técnicas de busca de emprego en Internet.
Este curso impartiranse na Aula de Informática do Centro de Emprego e dirixirase a un total de 15 persoas desempregadas. O curso constará dun total de 80 horas e desenvolverase en horario de mañá, das 9:30h ás 13:30h, de luns a venres.
As persoas interesadas en participar nesta formación, deberán cumprimentar a solicitude de inscrición ao curso, que se lles facilitará no Centro de Emprego (R/ Sagrada Familia, 56), xunto cunha fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, antes do día 05 de setembro, data na que se pechará o prazo de inscrición. O curso ten previsto comezar o día 12 de setembro e a data prevista de finalización é o 9 de outubro.
Folla Inscrición
|
|