Preto de trinta persoas participan no Seminario de Xeración e maduración de ideas empresariais organizado polo Concello de Ferrol e BIC Galicia

Mércores, 30 de maio de 2012
O curso comezaba onte mércores no Centro Municipal de Emprego e desenvolverase en tres sesións de 09.00 a 14.00 horas. As seguintes terán lugar os días 6 e 13 de xuño.

O Centro Municipal de Emprego de Ferrol situado na rúa Sagrada Familia número 56, acolle o comezo do Seminario de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais, organizado pola Concellería de Emprego, que dirixe Martina Aneiros Barros, e o Concello e BIC Galicia. Case 30 persoas se teñen inscrito nesta acción formativa que está dirixida a persoas con inquietude emprendedora e que ten unha duración de 15 horas, distribuídas ao longo de tres xornadas: 30 de maio e, 6 e 13 de xuño, en horario de 9 a 14 horas nas devanditas instalacións municipais.

Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego